(comunidade)
CREADORES
Xurxo Jachia e José Luis Bouzada (pesadillo)
Mestre recoñecido e "gaiteiro amateur" (ambos youtubers), xuntáronse a véspera da Virxe do Carme do 2023, para por os cimentos desta comunidade despois dunha conversa entretida . "Non pode ser que non poidamos falar desto con outr@s". O día despois, produciuse o nacemento dun proxecto que transcende ó persoal de cada quen, una cousa de tod@s e para tod@s. Agardemos que a Virxe nos acompañe na travesía.
ADMINISTRADORES
José Luis Bouzada
Informático, Técnico Superior en Electrónida de Comunicacións, Técnico Superior en Robótica Industrial, Programador, SEO, e Community Manager entre outros "títulos", está a meter leña na máquina mentres Jachía berra "dalle!!".
Equipo de MODs. Son os responsables de notificar as incidencias á parte de administración. Encárganse de xestionar os avisos proporcionados polo equipo do STAFF en referencia a o mal funcionamento dunha parte do proxecto ou actividade. Esencialmente, o seu traballo é a moderación do comportamento na comunidade e notificar os problemas o equipo administrador. O numero de MODs no servidor e moi limitado e un usuario debe ser proposto pola comunidade para obter este rango (a excepción dos promovidos directamente pola parte de administración). Estes usuarios teñen acceso beneficios con respecto ó resto de usuarios da comunidade de rango inferior, pois disporán de ferramentas, contidos e configuracións adecuadas para o seu traballo. O seu traballo e esencial para manter a estabilidade do proxecto, sendo o ratio de 1 MOD por cada 4 STAFF.
STAFF (COMPAÑEIROS)
O equipo de STAFF. Soen ser usuarios que pasan tempo na plataforma, están enterados do funcionamento da mesma, e son os responsables de facer "acompañamento", esto é, prestan axuda os outros usuarios (normalmente novatos na comunidade). Poden suxerir solucións ou redirixir os usuarios para solucionar dúbidas ou problemas á canle específica. Son a parte fundamental da comunidade e o seu número é limitado, polo normal un por cada 25 usuarios. Estes usuarios teñen acceso beneficios con respecto ó resto de usuarios da comunidade de rango inferior, pois disporán de ferramentas, contidos e configuracións adecuadas para o seu traballo. Os membros do STAFF poden ascender (por coñecementos) a o rango MOD.
MESTRES
O rango de mestre, lévano aquelas persoas que adican a sua vida a ensinanza da gaita galega ou intrumentos tradicionais galegos. Estes mestres, terán a posibilidade de facer charlas ou obradoiros en directo, e poderán compartir o seu saber facer cos membros da comunidade.
ARTESANS
O rango de artesán, lévano aquelas persoas que adican a sua vida á contrucción de intrumentos tradicionais galegos. Estes artesáns terán a posibilidade de facer charlas ou obradoiros en directo cos membros da comunidade, así como compartir información sobre as suas creacións (publicar fotos e información do seu traballo).
ALUMNOS
Non pode haber mestres sen alumnos. O rango alumno é concedido por un mestre os seus discípulos (mentres estén baixo a sua tutela) para facelos destacar dentro da comunidade. Este rango non supón cargo no traballo da comunidade, sen embargo é util saber a quen preguntar cousas se non están os mestres presentes. Algo aprenderán, non?
YOUTUBERS
Na plataforma, tamén podemos atopar Youtubers que adican tempo á promoción da Gaita Galega ou instrumentos Galegos. Tamén son parte destacada da comunidade, xa que dentro das suas "obrigas", será falar do que cocemos na comunidade. Eres youtuber do tema gaita?. A que esperas para entrar na comunidade, queremos saber todos de ti e dos teus videos (somos todos seguidores potenciais).
INVITADOS
O grupo de Invitados, é xente coñecida directamente por algún dos mestres da plataforma (contacto directo dalgún mestre) e teñen rango permanente (non funcional) dentro da plataforma. Son "o amigo do xefe" para saber do xefe.
USUARIOS
Usuario é ... quen o usa. Asignase este rol a aqueles usuarios que participan dos contidos das diferentes canles e xa saben "de que vai a cousa" (usuarios activos). Estes usuarios xa saben utilizar as canles de voz, e os chats de texto da comundiade e aportan contido á comunidade. Poden ser un referente para o resto de usuarios para esplicarlles como participar na comunidade. Son usuarios potenciais para convertirse en STAFF do servidor.
O RESTO
Que non queres ser "o resto"... a que esperas, participa nos chats, fala coa xente, comparte contidos e coñecemento e deixa de ser "como o resto". Sube de rango e irán aparecendo novos contidos (segundo o rol) ocultos do servidor.
Aínda estas a leer por aquí? a que agardas!. Entra xa! e se non eres capaz, vai a axuda.